Lugar: | Centro Social Novacaixagalicia - Pontevedra |
Fecha: | 1 de junio de 2013 |
Hora: | 21:00 |
Un novidoso show que percorrerá toda Galicia levando as risas aos teatros deste país. Un espectáculo de 90 minutos baseado en sketchs interpretados polas súas persoaxes máis coñecidas onde non faltará o popular “Felipe II” de Histerias de hospital. Contará tamén coa colaboración especial de “Manolito el Pescador”, relanzado a fama co seu personaxe de “Fisherman” no exitoso LandRober.
Un espéctaculo único, onde todo pode pasar, e onde se tentará crear unha maxia e comunicación especial entre os actores (ata cinco en escena) e o público.
A CABEZA NON PARA, pretende ser un show de gran formato, con cambios continuos de situación, e un ritmo e dinamismo nunca antes visto nun teatro galego.
Roberto Vilar celebra esta xira para agradecerlle ó público o cariño durante os seus vinte anos de carreira. Máis de hora e media de humor, show, comedia, espectáculo, risas, sketchs, emoción… iso é, A CABEZA NON PARA
No hay comentarios:
Publicar un comentario