Fin do percorrido
Área recreativa
Primeiro muíño da Ría de Abaixo
Conxunto de dezasete muíños.
Fonte 1
Río Barosa
Fervenza
Ponte 1
Fin do conxunto de muíños
Dúas tabernas de pedra
Fonte 2
Punto de partida
Ponte 2
Ponte 3
Igrexa de San Breixo
Rego da Barosa
Punto de partida/chegada: comeza no primeiro muíño da Ría de Abaixo e remata na Ponte da Búa.
Lonxitude: ruta lineal, cunha lonxitude de 2.1 km (ida e volta).
Modalidades: a pé e a cabalo.
Duración: 42 min.
Dificultade: media, non tanto pola lonxitude do sendeiro senón pola gran pendente que ten o primeiro tramo do percorrido.
Descrición
Este parque posúe unha excepcional topografía, pola que discorre o río Barosa en forma de fervenza, alcanzando trinta metros de desnivel. Ó carón desta fervenza foron construídos dezasete muíños, aproveitando a forza da auga formando un complexo hidráulico de moendas de cereais como avea, centeo ou millo. Os dezasete muíños agrúpanse en dez muíños de Arriba e sete de Abaixo.
Muíños de Abaixo: Dende os muíños de abaixo ata a igrexa de San Breixo. Atópanse un conxunto de sete muíños, catro deles restaurados e os tres restantes só conservan as pezas. Ó carón destes consérvase unha gran fonte de pedra. O sendeiro continúa cruzando dúas pontes de madeira, dende os que se pode ver a fervenza. Seguindo o sendeiro atopamos outros nove muíños que conservan as pezas, así como os sistemas de captación de auga. Na ponte de San Breixo atopamos unha derivación do sendeiro que conduce ata a igrexa de San Breixo.
Muíños de Arriba: Neste tramo hai un area recreativa, onde se atopa unha taberna típica. Neste punto consérvase o último muíño de Arriba, restaurado. Segue por unha ruta circular que cruza a ponte da Búa e retorna pola marxe dereita do mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario