Taductor

sábado, 9 de marzo de 2013

Roberto Vilar presenta en Pontevedra: A Cabeza non Para


Lugar:
Centro Social Novacaixagalicia - Pontevedra
Fecha:
1 de junio de 2013
Hora:
21:00

Os moitos fans de Os Tonechos e LandRober están de noraboa. Roberto Vilar, por primeira vez nos seus 20 anos de carreira profesional, acepta o reto de levar aos teatros o seu humor, un humor “fortemente” contrastado en televisión nestas dúas décadas no mundo do espectáculo.
Un novidoso show que percorrerá toda Galicia levando as risas aos teatros deste país. Un espectáculo de 90 minutos baseado en sketchs interpretados polas súas persoaxes máis coñecidas onde non faltará o popular “Felipe II” de Histerias de hospital. Contará tamén coa colaboración especial de “Manolito el Pescador”, relanzado a fama co seu personaxe de “Fisherman” no exitoso LandRober.
Un espéctaculo único, onde todo pode pasar, e onde se tentará crear unha maxia e comunicación especial entre os actores (ata cinco en escena) e o público.
A CABEZA NON PARA, pretende ser un show de gran formato, con cambios continuos de situación, e un ritmo e dinamismo nunca antes visto nun teatro galego.
Roberto Vilar celebra esta xira para agradecerlle ó público o cariño durante os seus vinte anos de carreira. Máis de hora e media de humor, show, comedia, espectáculo, risas, sketchs, emoción… iso é, A CABEZA NON PARA

No hay comentarios:

Publicar un comentario